Andrea Fdez. Maneiro, nada en Carril-Vilagarcía de Arousa. (10/02/1964).
De vocación e profesión locutora de radio (traballei na “Cadena Ser”, na Radio Galega e varias municipais), mais agora só exerzo moi de cando en vez e padezo do mono das ondas de xeito persistente, logo de máis de quince anos de deixalo. O meu hábitat natural é a poesía, en letra e imaxe (fotografía), aínda que, ás veces, déixomelevar polos microrrelatos.
OBRA
• “A lanterna de Vagalumes” (conto), na antoloxía Tempos dixitais. Edición non venal.
• “Delirium” (poema) na antoloxía Volume II: A rebelión de Prometeo de Contos estraños.
• “Caducifolio e Perennis” (conto) na antoloxía E se a Terra Media fose Galicia (2018) do Curtas Asociación Cultural. Edición non venal.
• “Álxia” (poema) na Antoloxía. Vide, paisaxe e fala. Florencio Delgado Gurriarán. Edición non venal.
• Proyecto Atlántico, Ediciones Venguerén, serie “Sesos y tripas”. (Antoloxía de poetas do Atlántico, edición bilingüe) ISBN 978-84-09-13413-7
• Migratoria, Medulia Editorial (2020). ISBN 978-84-12-15467-2
• Edénicas (Editorial Caldeirón) ISBN 978-84-124-8494-6
• Contra-Tempos (Editorial Tristam) ISBN 978-84-124-8494-6. Edición non venal.
• Voto de silencio (Medulia Editorial) ISBN 978-84-124-8494-6
• Tango de xiro e traspé, poema incuído no libro colectivo Oroza 100, Asociación Cultural Évame Oroza. ISBN: 978-84-127833-0-88.
• Outras colaboracións en revistas dixitais.
PREMIOS
• Finalista co poemario "Álxia" no I Certame de poesía Florencio Delgado Gurriarán, 2018.
• Finalista do premio de microrrelatos das Mulleres Progresistas de Vigo, 2019
• Finalista co poemario “Migratoria” do VIII Certame de Poesía Xosé Manuel López Ardeiro,
• 2º premio de microrrelatos de Mulleres Progresistas de Vigo, 2020
• 2º premio Vilariñas, 2020
• 1º premio co libro Inventario dun
Obras Premiadas
- Meridiano Orixe - 2024 - Premio Concello de Vilalba de Narrativa