Baldomero Iglesias Dobarrio

Pseudónimo:Mero
Categoría: Profesor, cantante e escritor
Data de Nacemento: 27 de junio de 1951
Lugar de Nacemento: Vilalba (Lugo)
 

Traballa como profesor no medio rural. Dedícase á música propia de Galicia e á súa recollida nos entornos da súa provincia. É integrante do grupo "A Quenlla". Foi integrante de "Fuxan os Ventos".

 

Obras realizadas

Realiza traballos de recompilación de información relativa á cultura tradicional e en compaña de Mini, escribiu algúns libros como por exemplo: Contos de vellos para nenos (de contos), Somos lenda viva (de lendas), Nadal en Galego (de música sobre o Nadal) e Coplas cantos e Romances de cego (de Romances de Cego) dos que xa se elaboraron varios tomos. Escribe poemas e é cantautor.

 

Outros datos de interese

Obtivo os seguintes premios: 2º premio no "XX Premio Nacional de Poesía sobre o Nadal" (Begonte, Lugo, 1995) 2º premio no "XXII Premio Nacional de Poesía sobre o Nadal" (Begonte, Lugo, 1997) 1º premio no "XXIII Premio Nacional de Poesía sobre o Nadal" (Begonte, Lugo, 1998) 1º premio no "XXIV Premio Nacional de Poesía sobre o Nadal" (Begonte, Lugo, 1999) 2º premio no "XXV Premio Nacional de Poesía sobre o Nadal" (Begonte, Lugo, 2000) 1º premio no "Certame de Poesía Manuel Oreste Rodríguez López" en Paradela, 2000. Accésit no "Certame de Poesía Manuel Oreste Rodríguez López" en Paradela, 2001. Premiado no "Certame Excelentísimo Concello de Vilalba" 1999 e 2000. Premiado no "Certame Antonio Prados Ledesma" no 2002 (Viveiro). 2º premio de poesía no Certame "José Domínguez Guizán" (Begonte, Lugo, 2002). En 2009 obtivo o "Pedrón de Ouro" polo seu traballo a prol da música e da cultura de Galicia. Obtivo o Premio FACER PAÍS 2011, instituído nas terras de Láncara.

Obras Premiadas