Pseudónimo:Bernardino Graña
Categoría: Escritor
Data de Nacemento: 27 de setembro de 1932
Lugar de Nacemento: Cangas do Morrazo (Pontevedra)
Catedrático de Lingua e Literatura. Xubilado. Tese de Licenciatura en Filoloxía Románica sobre Miguel Torga. Exerceu o seu Maxisterio académico en Lugo, Luarca, Tarragona, Sao Paulo, etc... Desde os 18 anos formou parte, con Celso Emilio Ferreiro, do Consello de Redacción da revista poética 'Alba' (de Vigo) nos anos 50. En Salamanca nos anos 50, co profesor-poeta Rafael Laínez Alcalá, participa nas revistas poéticas e na tertulia 'Marabunta' que organiza recitais na Universidade salmantina na aula de Salinas e outros foros. Neses mesmos anos obtén varios premios nas Festas Minervais da Universidade de Santiago de Compostela con poemas e tamén cun relato. Colaborou como articulista en La Noche baixo a dirección de Borobó e no Faro de Vigo, baixo a dirección de Álvaro Cunqueiro. Impulsor e primeiro presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega. O cantautor Suso Vaamonde musicou varios dos seus poemas. 1969: Premio O Facho de contos. 1978: Premio Galicia de Santiago de Poesía. 1979: Premio Abrente de Teatro.
En xuño de 2010, tomou posesión como membro da Real Academia Galega.
Obras realizadas
Escribiu oito libros de poesía, entre os que destacan Profecía do mar; Se o noso amor e os peixes...; Himno Verde... Tamén escribiu os libros de teatro: Sinfardinín contra D. Perfecto; Vintemil pesos crime; Os burros que comen... e máis dunha ducia de libros de narrativa: Fins do mundo; Cristo e San Pedro, peregrinos; Xan Guindán mensaxeiro; Xan Guindán e os salvaxes; Namoro de Lobo Pipo, etc...
Outros datos de interese
Cofundador do grupo Brais Pinto.
Cofundador do grupo Acia (Associaçao cultural das illhas Atlánticas; recén fundada en Madeira, Portugal).
Conferenciante, recitador...
A finais dos 70, xuntamente con Antón Santamarina, Méndez Ferrín e outros, deu os primeiros pasos para a creación dun Pen Club galego.
Coautor do Apéndice Lexicográfico do Diccionario de D. Eladio Rodríguez González (1961).
Obras Premiadas
- Aos Bandazos - 2002 - Premio Concello de Vilalba de Poesía