Emma Pedreira Lombardía, nada na Coruña o 11 de novembro de 1978, é unha escritora galega en lingua galega. Licenciada en Filoloxía Hispánica, é unha poeta encadrada na Xeración dos 90. Forma parte da Plataforma de crítica feminista A Sega.
Obra
Poesía
Diario bautismal dunha anarquista morta, 1999, Espiral Maior.
Grimorio, 2000, Ediciós do Castro.
Corpo, 2001, Edições Tema.
As posturas do día, 2001, Follas Novas.
Velenarias, 2001, Espiral Maior.
Os cadernos d'amor e os velenos, 2002, Espiral Maior.
Casa de orfas, 2006, Espiral Maior.
Xoguetes póstumos, 2010, A. C. Caldeirón.
Antítese da ruína, 2011, PEN Clube de Galicia.
Libro das mentiras, 2012, Espiral Maior.
s/t, 2015, Edicións Xerais de Galicia.
Narrativa
Bestiario de silencios, 2001, Madame Mir, Santiago de Compostela.
As cinzas adentras, 2004, Biblos Clube de Lectores.
Corazón e demais tripas, 2016, Edicións Positivas.
Bibliópatas e fobólogos, 2017, Editorial Galaxia.[1]
Obras Colectivas
VII Certame Literario, 2001, Universidade da Coruña.
XVI Festival da Poesia no Condado. Outro mundo é posível, 2002, S. C. D. Condado.
De soños e memorias, 2003, Espiral Maior.
Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra, 2003, Espiral Maior.
Premios Pedrón de Ouro. Certames XXVII (2001), XXVIII (2002) e XXIX (2003), 2004, Edicións do Castro.
Das sonorosas cordas, 2005, Eneida (Madrid).
Do máis fondo do silencio saen voces, 2006, Asociación Cultural Panda de Relacións Laborais, A Coruña.
Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo, 2006, Difusora.
Letras novas, 2008, Asociación de Escritores en Lingua Galega.
Erato bajo la piel del deseo, 2010, Sial Ediciones.
Versos no Olimpo. O Monte Pindo na poesía galega, 2013, Toxosoutos.
150 Cantares para Rosalía de Castro, 2015, libro electrónico.
6 poemas 6. Homenaxe a Federico García Lorca, 2015, Biblos Clube de Lectores. Poesía.
Abadessa, oí dizer. Relatos eróticos de escritoras da Galiza, 2017, Através Editora.
Pico Sacro. Ferido polo lóstrego e a lenda, 2017, Alvarellos.
Premios
Premio Johán Carballeira no 1998, por Diario bautismal dunha anarquista morta.
Premio Faustino Rey Romero no 1999, por Corpo.
Premio Eusebio Lorenzo Baleirón no 1999, por Grimorio.
Premio Johán Carballeira no 2000, por Velenarias.
Premio Fermín Bouza Brey no 2001, por Os cadernos d'amor e os velenos.
Accésit no XI Certame de Poesía Rosalía de Castro da Casa de Galiza en Córdoba no 2001, por As posturas do día.
Gañadora do Premio Modesto R. Figueiredo no 2002, por Os doces devorados.
Certame Manuel Murguía de narracións breves no 2002.
Premio de poesía Fiz Vergara Vilariño no 2005, por Casa das orfas.
Gañadora do IX premio de poesía Novacaixagalicia no 2010, por Antítese da ruína.
Gañadora do XIV Certame de poesía Concello de Carral no 2011, con Libro das mentiras.
Gañadora do premio de poesía Gonzalo López Abente no 2015, por S/T.
Gañadora do Premio Narrativas Quentes no 2016, por Corazón e demais tripas.
Gañadora do premio internacional Jovellanos. El mejor poema del mundo no 2017 por "Lista da compra da viúva".[1]
Gañadora do premio de poesía Concello de Vilalba no 2017, por Antídoto.
Obras Premiadas
- Antídoto - 2017 - Premio Concello de Vilalba de Poesía