É colaborador de varios periódicos e revistas desde 1979, con artigos de costumes e técnicos. Nos primeiros anos da década dos 80 publicou unha serie de colaboracións baixo o título xenérico de "Ciencia, Técnica e Trebellos" no semanario "A Nosa Terra". Despois de recibir por "Ollos de Anxo da Morte" o premio de narrativa do Concello de Vilalba en 1992, nese mesmo ano acada un accésit do Pedrón de Ouro polo conto "A Espiral da Fortuna". En 1994, o Ministerio de Cultura outórgalle unha bolsa á creación literaria para a novela "O Cuarto dos Ausentes". E tamén nese ano, a revista "Olisbos", da facultade de Filoloxía de Santiago dalle un premio de literatura infantil polo conto "Piquiño Mouro". En 1995 recibiu un novo accésit do Pedrón de Ouro polo conto "As Voces da Conciencia", e en 1996 danlle o Breogán de narrativa que convoca o Centro Galego de Baracaldo polo conto "A Auga da Vida". Desde 1996 publicou semanalmente en "A Nosa Terra" temas relacionados coa etnografía baixo o título xenérico "Camiño Vello, Congostra Nova". Foi directivo da A.C. "O Facho" de A Coruña e da Asociación "M. Murguía" de Oseiro.
Obras Premiadas
- Ollos de Anxo da Morte - 1992 - Premio Concello de Vilalba de Narrativa
- O Cuarto dos Ausentes - 1997 - Premio Concello de Vilalba de Narrativa