Jesusa Camaño gaña o XLVIII Certame Literario de Vilalba

Jesusa Camaño

O Concello de Vilalba fai público o fallo do xurado do XLVIII Certame Literario, do que resultou gañadora Jesusa Camaño Giráldez coa súa obra “As feridas dun amor efémero como preámbulo desta morte soñada”.

 

O xurado fórmano Darío Villanueva, membro da Real Academia Española; Ramón Villares, catedrático de Historia, Xulio Xiz, xornalista; e Fidel Fernán, director do grupo de Radio Principal.

 

Sobre a autora:

 

Jesusa Camaño é licenciada en filoloxía hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela e ademais obtivo o CELGA 5, máximo nivel do certificado en lingua galega. A escritora traballou en distintos centros educativos como profesora de Lingua e Literatura Galegas.

 

Alén da súa profesión, sempre lle gustou escribir, polo que xa publicou varios artigos e participou en diversos certames. Ademais, comisionou exposicións literarias co apoio da USC.