Categoría: Escritor
Data de Nacemento: 29 de xaneiro de 1964
Lugar de Nacemento: Lugo
É autor de dous libros de poesía: O Mar Perdido (Galaxia, 1990) e Abandono da noite (1993, foi premio ?Esquío? en lingua galega da Sociedade Cultural Valle-Inclán en 1992). No primeiro libro trata de recupera-la memoria persoal unida coa memoria existencial e social baixo unha técnica "deconstructiva" (palabra do filósofo Jacques Derrida). É un libro de colaxe, de interese memorístico. No segundo pretende unha nova mítica (cultismo, arturismo, filosofía alemana). Tamén escribiu: Libro homenaxe a Garcés (Deputación de A Coruña) e Ofrenda a Palestina. Ten un libro inédito titulado Templo, de signo relixioso ou místico. Colaborou en revistas e xornais como: Dorna", "Grial", "Coordenadas", "Clave Orión", "Táboa Redonda" de El Progreso, La Voz de Galicia, "Faro das Letras" en El Faro de Vigo, etc. Actualmente colabora en "Guía dos libros novos" de Noroeste Edicións e no "Boletín Galego de Literatura".
Outros datos de interese
Recibiu os premios Esquío, Chao Ledo do Concello de Vilalba (en dúas ocasións), Meigas e Trasgos, Premio Begonte de Poesía (do Centro Cultural Belén de Begonte), etc.
Obras Premiadas
- Carballeiras de Ouro - 1997 - Premio Concello de Vilalba de Poesía
- Delongábase a Chaira - 2000 - Premio Concello de Vilalba de Poesía
- A Terra, o Tempo e os Visitantes - 1991 - Premio José María Chao Ledo