Categoría: Escritora
Data de Nacemento: En 1976
Lugar de Nacemento: Santiago de Compostela (A Coruña)
Pertence á Área de Teoría da Literatura e Literatura Comparada da Universidade de Santiago de Compostela. Na actualidade prepara a tese Análise do fenómeno antolóxico nun marco teórico sistémico: as literaturas peninsulares.
Obras realizadas
Escribiu os libros de poemas O estadio do espello (1998) e Nós, as inadaptadas (2002). Coordinou a antoloxía A poesía é o gran milagre do mundo / Poetry is the world's great miracle (2001) que presenta unha mostra da poesía dos poetas galegos do PEN Club.
Outros datos de interese
En decembro de 2004 recibiu o Premio "Dámaso Alonso" de Investigación Filolóxica.
Obras Premiadas
- Poema - 1990 - Premio Antonio García Hermida