Naceu en Palas de Rei (Lugo) en 1963 e aos dous anos trasladouse coa súa familia a vivir a Sestao (Bizkaia). Licenciada en Xeografía e Historia pola Universidade do País Vasco, recibiu na súa terra de adopción numerosos recoñecementos e premios, o máis recente (xuño de 2015), o primeiro premio do XV Certame de Poesía "Anduriña Voandeira" da Irmandade de Centros Galegos de Euskadi pola obra "De ferro e tenrura". Antes, lograra o primeiro premio no XIII Concurso de Literatura Epistolar convocado por Correos (empresa onde traballa) coa obra "El Almirante Cristoforo", o terceiro premio de poesía da XVII semana cultural das Letras Galegas do Centro Galego de Sestao polo seu poema "Lembranza" e o XIX premio de poesía en galego "O poeta azul de ferrol" Xosé María Pérez Parallé da Sociedade Artística Ferrolana por "Xardíns de Aceiro".
Confesa que unha das súas ilusións sería retirarse a unha torre en Galicia, como no seu dixa fixo Michel de Montaigne no Périgord, para escribir e camiñar polos bosques da Ulloa e poder sentir aquilo que expresaba o poeta Uxío Novoneyra: "Si o aire quer... chegarei a non ser ningúen".
Obras Premiadas
- Cinza de Estrelas - 2014 - Premio Concello de Vilalba de Poesía