Categoría: Radiofonista
Data de Nacemento: 21 de decembro de 1945 († 8 de outubro de 2013)
Lugar de Nacemento: San Andrés de Vea, A Estrada (Pontevedra)
Desde 1968 ten desenvolvido un amplo labor cultural e informativo en Radio Popular de Lugo, como no programa de actualidade “A Carón”. Traballou no departamento de Relacións Públicas da Sociedade Española de Radiodifusión (Ser), e Radio Panadés de Vilanova y la Geltrú, Radio Almería, Radio Antequera, Radio Madrid e Radio Valladolid. Foi delegado de La Región de Ourense e colaborador de Televisión Española en Galicia.
Obras realizadas
Publicou os seguintes libros:
‘El Dios de Roma que lloró por Lugo’ (1979),
‘Salou, novia del mar’ (1980),
‘Medio cento de galegos e Rosalía’ (1983) (Os tres, corresponden a guións de radio en colaboración con Xulio Xiz, publicados os dous primeiros por Radio Popular de Lugo e o terceiro por Edicións Celta),
‘Terras de Lugo’ (1994),
‘Terras de Lugo, O libro da cidade e das parroquias do concello de Lugo’ (1998),
‘Terras do concello de Lugo’ (2005),
'Cantigas da Fonte Arcada' (2008).
Colaborou no xornal “Terra Cha”, da Fundación Terra Cha. Foi tamén colaborador no apartado de Opinión dewww.galiciadigital.com
Outros datos de interese
Entre os premios cos que foi galardoado cómpre sinala-lo Premio Galicia de Xornalismo (1985). Entre 1976 e 1982 ten acadado máis de dúas ducias de premios radiofónicos nacionais e internacionais (en colaboración con Xulio Xiz) destacando: Premio Internacional de Radio do Bimilenario de Lugo, Premio Nacional de Radio e TV Ciudad de Salou, Premio Nacional de Radio da Cruzada de Protección Ocular, Mellor Programa Radiofónico (en tres ocasións) e Mellor Actividade Radiofónica nos Óscar de Ouro da Comunicación, Premio Nacional U.N.D.A. de Radio Católica, Premio Nacional do Instituto Nacional de Denominacións de Orixe, Premio Nacional de Turismo “La Mancha, Premio Nacional de Radio do76 Servizo Nacional de Loterías, Premio Cambrils de Periodismo, Premio Mundial de Radio e TV “Mallorca”, Premio Nacional de Radio da Cruzada de Protección Ocular, Premio Nacional de Radio Rosalía de Castro e Premio Nacional de Radio sobre Doazón de Sangue, do Ministerio de Sanidade.
Obras Premiadas
- Trinta Cantigas e Cinco Alalás - 2011 - Premio Concello de Vilalba de Poesía