Paulino Pereiro Martínez

Nado en A Coruña en 1957, é compositor de música de cámara, orquestral, teatral e cinematográfica, cun amplo catálogo que supera as 250 composicións e ten sido interpretado en países de Europa, Asía e América. Publicou, entre outras partituras, a colección de pezas para piano "Caderno de melodías populares", as "Melodías paisanas" e "Cancións de aquí e acolá", ademáis de varios discos compactos coa súa música.

 

Como escritor, é autor das pezas de teatro "O leitor de Goethe", "Cyrano de Bergerac" (en colaboración con Francisco Pillado) e "A Representación"; as novelas "Entre dous" (en colaboración con Victoria Salgado), "Calidoscopio", "Arredor de Chinto" e "Sinfonía cíclica" (finalista do Premio Lueiro Rey) e os libros de relatos "Desde unha mesa de café" (tamén na súa versión española), e "Habitar as illas" (Premio Carvalho Calero), así como os ensaios "Iniciación á linguaxe musical" e "Poética da música teatral". Como poeta, publicou "Morte do mar". E traduciu a versión galega de "Blanche, dans la débâcle des ténèbres" de Daniel Thibaut.

Obras Premiadas