Xerardo Quintiá Pérez, nado en Friol o 28 de marzo de 1970, é un escritor galego.En 1984 trasladouse a Lugo para realizar estudos de Bacharelato, cidade na que reside dende entón. Publicou os seus primeiros traballos na sección cultural “Táboa Redonda” de El Progreso (1988) e colaborou nas revistas Dorna, Xistral e Entremuros.
Obras
Narrativa
Finísimo po nas ás, 1997, Galaxia.
Unha soa man e outros intres, 1999, Galaxia.
Un rabaño de ovellas brancas, 2001, Galaxia.
O libro dos aparecidos, 2002, Francka Editora.
Regreso á Ulloa, 2004, Concello de Palas de Rei.
A Chamada (Relato), 2011. Grial Nº 189
Hotel Cidade Sur, 2012, Galaxia. Traducido ao castelán como "Hotel Ciudad Sur", Pulp Books 2015.
O viaxeiro radical, 2015, Galaxia. Traducido ao catalán como "El Viatger radical", Editorial Gregal, 2018
Poesía
Ailalalalelo de auga, 2001, Do4 Edicións, Vigo.
Poesía en ruta, 2007, Espiral Maior.
Fornelos & Fornelos, primeira fundación, 2011, Espiral Maior.
Fornelos & Fornelos, segunda fundación, 2016, Sotelo Blanco.
Fornelos & Fornelos, terceira fundación, 2019, Xerais.
Obra inacabada de Dosinda Christensen, 2021. Alvarellos.
Literatura infanto-xuvenil
A verdadeira historia do burro Feldespato, 2003, Galaxia.
Ke-Tumba Ke-Tamba, 2006, Galaxia.
Titiritesa, 2007, OQO editora.
O país do gran furado, 2019, Baía Edicións.
Obras colectivas
Carlos Casares: a semente aquecida da palabra, 2003, Consello da Cultura Galega.
Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra, 2003, Espiral Maior.
Poetizate. Xerais. 2006.
Poetas en Lugo. Concello de Lugo, 2007.
Tres blues e un rap, 2008, GALIX/Xunta de Galicia.
Erato bajo la piel del deseo, 2010, Sial Ediciones.
librosconversos, 2016, LibrosGalegos.gal
Manuel Maria, libro colectivo de homenaxe. Deputación de Lugo, 2017.
Premios
Gañador do Premio Fermín Bouza Brey no 2005, por Poesía en ruta.
Finalista do Premio Raíña Lupa no 2006, por Ke-Tumba Ke-Tamba.
Gañador do Premio Fiz Vergara Vilariño no 2011, por Fornelos & Fornelos, primeira fundación.
Gañador do Premio Eusebio Lorenzo Baleirón no 2015, por Fornelos & Fornelos, segunda fundación.
Gañador do Premio Manuel Lueiro Rey no 2018, por Fornelos & Fornelos, terceira fundación.
Gañador do II Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade en maio de 2019 por O País do Gran Furado.[7]
Gañador do Premio de poesía Concello de Vilalba no 2020, por Obra inacabada de Dosinda Christensen.
Obras Premiadas
- Obra inacabada de Dosinda Christensen - 2020 - Premio Concello de Vilalba de Poesía