Xosé Lastra Muruais

XOSÉ LASTRA MURUAIS (A Pontenova, 1952) exerceu como mestre de Educación Primaria en colexios de Ferrol, A Coruña e Terrassa. Foi director dos colexios de Punta Arnela, A Laxe-Valón e Manuel Masdías. Membro fundador do grupo Avantar e de Nova Escola Galega (NEG), da que actualmente é presidente. Coautor e/ou coordinador dos dous modelos de normalización lingüística para o ensino publicados por NEG e membro da Coordinadora e da Mesa estatal de Movementos de Renovación Pedagóxica.

 

Coordinador e/ou coautor de diferentes materiais relacionados coa lingua galega, ciencias sociais e naturais ou coa súa didáctica no ensino. Foi coordinador editorial do Dicionario Xerais da Lingua. É así mesmo coautor xunto con Xiana Lastra d’O meu primeiro Celso Emilio e d’A miña primeira Rosalía; con Manuel Veiga, de "Manuel María. Vida, versos e rebeldía". "Retorno sen volta" é o seu primeiro libro de poesía.

Obras Premiadas