Xosé Otero Canto

Categoría: Profesor e poeta
Data de Nacemento: 6 de xuño de 1951
Lugar de Nacemento: Ponte de Outeiro, Castro de Rei (Lugo)

 

Currículum

Fixo o Bacharelato no Instituto Masculino de Ensinanza Media de Lugo, hoxe Lucus Augusti e remata Maxisterio en 1967. En 1975 licenciouse en Filoloxía, Sección: Románicas, Subsección: Español (1970-1975) na Facultade de Filosofía e Letras de Santiago de Compostela e desde 1977 a 1979 exerce como profesor no Colexio Fingoi de Lugo. Aproba a oposición a Profesores de Instituto no ano 1979, e despois de exercer en diversos centros, nalgúns deles desempeña cargos directivos. Profesor Colaborador do Instituto de Ciencias da Educación. Profesor Relator no Centro de Formación Continuada do Profesorado de Lugo. Profesor de Ensino Secundario na materia de Lingua Castelá e Literatura no I.E.S. "Lucus Augusti" de Lugo, Centro no que estudara de pequeno. É Catedrático de Lingua Castelá e Literatura.

 

Obras realizadas

Poemarios publicados:

2006. 'Salaios da Chaira'. Fundación Manuel María. Lugo.

2008. 'Arelas de prata e soños'. IESCHA. Lugo.

2010. 'Miño, río pai e amigo'. Fundación Manuel María.

2010. 'Guía poética da muralla de Lugo' . Concello de Lugo. Muralla 10. Lugo.

2010. 'Outono, mancebo céfiro de ás ergueitas'. Espiral Maior. A Coruña.

2010. 'Poemas da cidade'. Ed. Follas Novas. Libros da Frouma. Santiago de Compostela.

2012. 'Poética da viaxe'. IESCHA. Lugo

2013. 'Nenias Chairegas', Alvarellos Editora. Santiago de Compostela.

 

Outros datos de interese

Premios:

2007. Segundo Premio no XXXIII Certame Literario Concello de Vilalba.

2008. Primeiro Premio no XXXIV Certame Literario Concello de Vilalba.

2008. Primeiro Premio na XVII Edición do Certame Literario “A Pipa”.

2009. Primeiro Premio do XXXIII Certame Nacional de Poesía sobre o Nadal. Begonte(Lugo).

2009. Segundo Premio no XXXV Certame Literario Concello de Vilalba.

2009. Segundo Premio na XVIII Edición do Certame Literario “A Pipa”.

2010. Primeiro Premio do XXXIV Certame Nacional de Poesía sobre o Nadal Begonte (Lugo).

2010. Primeiro Premio no IV Certame de Poesía “Terras de Chamoso”.

2011. “Mención de Honor” no Certame Internacional de Poesía e Conto Breve convocado polo Centro Cultural Rosalía de Castro de Buenos Aires.

2011. Segundo Premio no XI Certame de poesía “Anduriña Voandeira” Bilbao.

2011. Primeiro Premio no V Certame de Poesía “Terras de Chamoso”.

2011. Segundo Premio na XX Edición do Certame Literario “A Pipa”.

2012. Segundo Premio do XXXVI Certame Nacional de Poesía sobre o Nadal Begonte (Lugo).

2012. Accésit na XVII Edición do Certame Literario Manuel Orestes Rodríguez López. Paradela.

2012. Segundo Premio no XXXVIII Certame Literario Concello de Vilalba.

2013. Primeiro Premio do XXXVII Certame Nacional de Poesía sobre o Nadal. Begonte.

2013. Mención de Honra na XVIII Edición do Certame Literario Manuel Oreste Rodríguez López. Paradela.

2014. Premio no XXVIII Certame de Poesía Rosalía de Castro, en Cornellá, Barcelona.

Obras Premiadas