Xurxo Alonso, gañador do Certame Literario de Vilalba 2023

Xurxo Alonso, gañador do Certame Literario de Vilalba 2023

O polifacético artista e poeta vilagarcián, Xurxo Alonso, acaba de sumar un novo recoñecemento á súa traxectoria. Neste caso trátase, ademais, do Certame Literario que organiza o Concello de Vilalba e que, co seu XLIX edición, é o máis antigo dos que se seguen celebrando en Galicia.

 

O xurado foi unánime, por primeira vez na historia do premio, ao dar como gañadora a óbra "Cartas de Conxo - O legado dás Távora", cuxo autor é Xurxo Alonso García.

 

O tribunal literario estivo formado por Darío Villanueva, membro da Real Academia Española; Ramón Villares, catedrático de Historia; Xulio Xiz, xornalista e Fidel Fernán Vello, director do grupo Radio Principal.

 

Xurxo Alonso naceu en Buenos Aires, pero a súa familia é galega e desde pequeno reside en Vilagarcía, onde desenvolveu a súa carreira artística. Licenciado en Bioloxía, é pintor e poeta. Na súa faceta literaria, é autor de nove libros e recibiu, entre outros premios, o Bouza Brey, Avelina Valladares, Johán Carballeira, Francisco Añón, Concello de Carral, Díaz Castro ou Lueiro Rey.

 

Fonte: Diario de Arousa