O vilagarcián Xurxo Alonso presentou esta fin de semana o libro 'Cartas de Conxo', co que gañou o certame literario máis antigo de Galicia, o 'Concello de Vilalba'.
O acto foi, precisamente, na Casa de Cultura do municipio lucense e participaron, ademais do propio autor, Xulio Xiz (membro do xurado), Henrique Alvarellos (editor) e Tamara Rodríguez, concelleira de Cultrura.
Xurxo Alonso naceu en Buenos Aires, pero a súa familia é galega e, desde pequeno, reside en Vilagarcía, onde desenvolveu a súa carreira artística. Licenciado en Bioloxía, é pintor e poeta. Na súa faceta literaria, é autor dunha decena de libros e recibiu, entre outros premios, o Bouza- Brey, Avelina Valladares, Johán Carballeira, Francisco Añón, Concello de Carral, Díaz Castro, Lueiro Rey e, en agosto do ano pasado, o Concello de Vilalba
Fonte: Diario de Arousa