Historia

O Certame Literario do Concello de Vilalba, na actualidade consagrado a premiar obras de poesía que posteriormente se publican en libro -sendo un doble premio para os seus autores- ten unha longa traxectoria iniciada en 1975, na que de xeito ininterrumpido fóronse premiando creacións literarias en prosa ou en verso, de maiores ou de rapaces, sempre cun moi alto nivel de calidade e importante participación.

 

Este Certame é continuador doutro Certame Literario da Terra Chá, impulsado polos concellos da comarca do mesmo nome, que tivo en Vilalba o seu punto de referencia como capitalidade chairega agás na última edición que se celebrou no concello de Guitiriz.

 

Que Vilalba sexa quen de impulsar un Certame coma este, superando as catro décadas de existencia, débese ao Concello vilalbés que o impulsa, como parte importante do seu labor cultural, e precisamente en base á tradición literaria vilalbesa, que ten dado nomes moi importantes á literatura de Galicia.

 

A especialización do Certame na poesía en galego, e a publicación anual dos textos premiados, convirten a este Certame nun especial punto de referencia cultural e social e fan que o acto de entrega de premios (30 de agosto), coincidindo co Pregón anual das festas patronais de San Ramón e Santa María, sexa un dos acontecementos máis importantes para os vilalbeses e para a literatura en galego.