BASES DO L PREMIO DE POESÍA DO CERTAME LITERARIO DO CONCELLO DE VILALBA 2024
As obras e as plicas enviaranse por vía electrónica mediante o formulario que figura na dirección http://www.certamedevilalba.org/inscricion, na que se indicará o lema que distinga o traballo e achegarase un arquivo en formato PDF, co contido da obra, e outro arquivo (tamén en formato PDF) coa plica, que incluirá o nome e apelidos do autor/a, DNI, enderezo, teléfono, poboación de residencia, declaración formal de que a obra é inédita, xunto cunha pequena biografía do autor/a.
Data límite: 11 de xullo de 2024 ás 14 horas.
É de destacar que soamente se abrirá a plica do traballo premiado.
Lembramos ademais que, segundo as bases do Certame, os versos deben vir numerados.